ALBA - ALMA - BRUNO - CARLOTA - DYLAN - ELÍAS - JULIA - LARA - MARCO - MAURO - MIGUEL - NOEL - ÓSCAR

jueves, 11 de junio de 2020

PSICOMOTRICIDADE

E SEGUIMOS CON MÁIS ACTIVIDADES CHACHIS QUE NOS PROPÓN A PROFE CRIS... 3,2,1 COMEZAMOS❗

🔴 1º XOGO: VERSIONAMOS O TENIS:


"MATERIAIS: PODEMOS CREAR AS NOSAS PROPIAS RAQUETAS CON PRATOS DE PLÁSTICO, EMPREGANDO TROZOS DE CARTÓN, ETC. E PODEMOS EMPREGAR COMO PELOTAS POIS GLOBOS, BOLAS DE PAPEL,..."
"DESENVOLVEMENTO: O XOGO CONSISTE EN EVITAR QUE A PELOTA CAIA AO CHAN, EMPREGANDO ÚNICAMENTE A RAQUETA. PODEREMOS XOGAR EN PARELLA, LANZANDO A PELOTA AO NOSO COMPAÑEIRO DE XOGO PARA QUE NO LA DEVOLVA, POR EQUIPOS,..."

🔵 2º XOGO: NO ESPELLO:


"DESENVOLVEMENTO: PARA ESTE XOGO NECESITAREMOS A 2 PARTICIPANTES, QUE SE COLOCARÁN UN FRENTE AO OUTRO. DECIDIMOS QUEN DOS 2 PARTICIPANTES FAI OS MOVEMENTOS E O OUTRO PARTICIPANTE (ACTUANDO COMO SE FOSE UN ESPELLO) DEBERÁ REPETIR OS MOVEMENTOS QUE VEXA NO SEU COMPAÑEIRO. DESPOIS PODEMOS INTERCAMBIAR OS PAPEIS. PARA ESTE XOGO PODEREMOS FACER MUECAS DIVERTIDAS, EXPRESAR EMOCIÓNS, CAMBIAR A POSICIÓNS DIFÍCILES, FACER MOVEMENTOS DIFERENTES CO CORPO, PASOS DE BAILE,... TODO O QUE SE NOS OCURRA"

🔴 3º XOGO: CAMIÑAMOS SOBRE UNHA PONTE:



"MATERIAIS: NECESITAREMOS UNHA LÍNEA FEITA NO CHAN. PODEREMOS EMPREGAR TIZAS SE TEMOS UN PATIO, CINTA ADHESIVA, TIRAS DE PAPEL,... PODEREMOS ELEXIR A FORMA QUE MÁIS NOS GUSTE PARA COLOCAR A LÍNEA, RECORDANDO QUE OS PEQUES DEBERÁN DESPRAZARSE SOBRE ELA MANTENDO O EQUILIBRIO POLO QUE AS LÍNEAS RETAS PROPORCIONAN MAIOR ESTABILIDADE"
"DESENVOLVEMENTO: SOBRE A LÍNEA DEBEREMOS DESPRAZARNOS SEN POÑER OS NOSOS PÉS FÓRA DA MESMA. PARA FACER MÁIS ATRACTIVA A ACTIVIDADE PODEMOS INVERTAR UNHA HISTORIA NA QUE NOS ATOPAMOS CUN ENORME RÍO CHEO DE COCODRILOS E A ÚNICA FORMA DE ATRAVESALO É CRUZANDO POLA PONTE (LÍNEA) SEN CAERNOS A AUGA. PODEMOS COMPLICAR O XOGO AÑADINDO NOVOS ELEMENTOS"

No hay comentarios:

Publicar un comentario