OLA PEQUES!
ALGUNHA VEZ TEMOS VISTO NA CLASE QUEN ERA O MÁIS ALTO E QUEN ERA O MÁIS BAIXO, VERDADE❓ POIS ESE CONCEPTO É O QUE IMOS A VER HOXE: ALTO 👠 E BAIXO 👡. PODEDES MEDIRVOS NA CASA E VER QUEN É O MÁIS ALTO DA FAMILIA E QUEN O MÁIS BAIXO 😋.
IMOS VER ALGÚNS EXEMPLOS ANTES DE PASAR A FACER A ACTIVIDADE...
É MOI FÁCIL, A QUE SI❔ NA CASA PODEDES COLLER OBXECTOS DE 2 EN 2 E VER CAL É O MÁIS ALTO E CAL É O MAIS BAIXO. TAMÉN O PODEDES FACER CON MOITOS MÁIS OBXECTOS.
A ACTIVIDADE DE HOXE ESTÁ RELACIONADA COAS FLORES, IMOS VER QUE É O QUE HAI QUE FACER 👀.
AÍ TEDES 3 FLORES, CAL É A MÁIS ALTA❔ E MÁIS BAIXA❔ BEN, POIS AGORA TEDES QUE DEBUXAR AS 2 FLORES QUE FALTAN, PERO TEÑEN QUE SER MÁIS BAIXAS QUE A ANTERIOR. ASÍ CONSEGUIMOS FACER UNHA ESCALEIRA DE FLORES 😁. UNHA VEZ DEBUXADAS VOLVEDE A MIRAR CAL É MÁIS ALTA E CAL É A MÁIS BAIXA 😏. CAMBIOU A COUSA, EH? A CONTINUACIÓN TEDES QUE REPASAR CON ROTULADORES A FLOR MÁIS BAIXA E PINTAR CON CERAS A FLOR MÁIS ALTA.
E PARA REMATAR ESTE CONTO MOI PEQUENIÑO SOBRE UN RATO MOI ALTO E UN RATO MOI BAIXO 🐭.
No hay comentarios:
Publicar un comentario