ALBA - ALMA - BRUNO - CARLOTA - DYLAN - ELÍAS - JULIA - LARA - MARCO - MAURO - MIGUEL - NOEL - ÓSCAR

jueves, 11 de junio de 2020

ORDINAIS: 1º 2º 3º

OLA PEQUES!

FAI UNS DÍAS TRABALLAMOS O CONCEPTO PRIMEIRO (1º) E ÚLTIMO, POIS HOXE ÍMOLO A COMPLICAR UN POUQUIÑO MÁIS E IMOS VER OS TRES PRIMEIROS NÚMEROS ORDINAIS, QUE SON (PRIMEIRO),  (SEGUNDO) E (TERCEIRO). A QUE VOS SONA MOITO A CANDO FACEDES UNHA CARREIRA OU FACEDES UNHA FILA E INDICADES QUEN VAI EN CADA POSICIÓN❓ 🏃🏃🏃.

POIS 1º IMOS A VER UN VIDEO QUE EXPLICA MOI BEN PARA QUE SE EMPREGAN OS NÚMEROS ORDINAIS E COMO SE ESCRIBEN 🎬.


COMO VEDES OS NÚMEROS ORDINAIS SERVEN PARA INDICAR A POSICIÓN DUN ELEMENTO. E PARA NON CONFUNDILOS COS NÚMEROS CARDINAIS 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10, HAY QUE POÑERLLE A CADA NÚMERO UNHA  "o" PEQUENIÑA ARRIBA A DEREITA 1º  2º  3º  4º  5º  6º  7º  8º   9º  10º. HOXE IMOS TRABALLAR SÓ COS 3 PRIMEIROS NÚMEROS ORDINAIS: 1º  2º  3º.



HAI QUE INDICAR EN QUE POSICIÓN SE ENCONTRA CADA NENO/A NA FILA, PARA ESO TEDES QUE RECORTAR OS NÚMEROS ORDINAIS 1º  2º  3º E PEGALOS ONDE CORRESPONDA, E POR ÚLTIMO PINTAR.



No hay comentarios:

Publicar un comentario