OLA DE NOVO PEQUES!
HOXE TOCA FACER UN POUCO DE GRAFOMOTRICIDADE, XA QUE NOS AXUDA A APRENDER A REALIZAR MOVEMENTOS COA MAN E ASÍ PODER REALIZAR CORRECTAMENTE A GRAFÍA DAS LETRAS, DOS NÚMEROS, DEBUXOS, FORMAS... ✍
RECORDADE COMO FACÍAMOS TODAS AS FICHAS NA CLASE: PRIMEIRO REPASAMOS CON LÁPIZ (SE NOS EQUIVOCAMOS PODEMOS BORRAR CON GOMA), DESPOIS CON ROTULADORES E POR ÚLTIMO PINTAMOS CON CERAS.
A CONTINUACIÓN DÉIXOVOS UN DEBUXO📝 MOI CHULO PARA QUE O FAGADES POUCO A POUCO (PODÉDELO FACER EN VARIOS DÍAS). TEDES QUE REPASAR TODO CON ROTULADORES (CADA COUSA DA SÚA COR) E DESPOIS PINTAR CON CERAS DA MESMA COR DO ROTULADOR.
POR ÚLTIMO, SE QUEREDES, PODEDES DECORALO CON GOMETS, PURPURIINA, GOMA EVA, VIRUTAS DE CERA,... O QUE TEÑADES POR CASA 🏠.
RECORDATORIO: TEDES ATA O DÍA 30 PARA REALIZAR AS 3 ACTIVIDADES QUE SE PROPUXERON DENDE O BLOG DE BIBLIOTECA. TODA A INFORMACIÓN NO BLOG BIBLIOGURRIARAN (O TEDES NA MARXE DEREITA PARA ACCEDER DIRECTAMENTE). ANIMÁDEVOS!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario