OLA PEQUES!
QUEN SE ACORDA DO QUE HABÍA QUE FACER PARA ENTRAR E SAIR DA AULA, DO COLEXIO, DO PATIO,...? QUE LEVANTE A MAN QUEN O SAIBA 🙋 SIIIIII, FACER UNHA FILA! 🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶🚶 ESTAMOS TODOS? CONTADE A VER SE ESTADES OS 13 NENOS E NENAS...
E QUEN SE ACORDA DO QUE NON HABÍA QUE FACER CANDO ESTÁBAMOS NA FILA? POIS IMOS RECORDALO CON ESTE VIDEO 🎥🎬
PARA QUE ISTO NON OCORRERA NA NOSA CLASE, DECIDIMOS QUE DE PRIMEIRO IRÍA SEMPRE O ENCARGADO. E DE ÚLTIMO, O AXUDANTE DO ENCARGADO. VERDADE? 😉. E CADA UN COAS SÚAS RESPONSABILIDADES 💪.
POIS A VER SE ADIVIÑADES QUEN VAI DE PRIMEIRO E QUEN VAI DE ÚLTIMO NA FILA DE NENOS E NENAS QUE APARECE NA ACTIVIDADE DE HOXE 👀.
FÁCIL VERDADE? POIS DÉIXOVOS OUTRA ACTIVIDADE ONDE APARECEN 5 VERMES FACENDO UNHA CARREIRA 🐛🐛🐛🐛🐛 A VER CAL É O MÁIS RÁPIDO QUE CHEGA DE PRIMEIRO A META E CAL É O MÁIS LENTO QUE QUEDA DE ÚLTIMO.
E PARA REMATAR, UNHA CANCIÓN PARA RECORDAR COMO SE FAI UNHA FILA 🎶
ACLARACIÓN: ANTES DE FACER AS ACTVIDADES EN PAPEL PODEDES EMPREGAR XOGUETES COMO COCHES🚗, BONECOS💃, ANIMAIS🐕,... E FACER UNHA FILA CON ELES. DECIR QUEN VAI DE PRIMEIRO E QUEN VAI DE ÚLTIMO. PAPÁ OU MAMÁ TAMÉN VOS PODEN DECIR, UNHA VEZ FEITA A FILA, A QUEN TEDES QUE POÑER DE PRIMEIRO E DE ÚLTIMO, DESORDENANDO ASÍ A FILA DO PRINCIPIO... A XOGAR!
Buen fin de semana a todos
ResponderEliminarbuen finde😊
ResponderEliminar