ALBA - ALMA - BRUNO - CARLOTA - DYLAN - ELÍAS - JULIA - LARA - MARCO - MAURO - MIGUEL - NOEL - ÓSCAR

miércoles, 22 de abril de 2020

ADIVIÑA, ADIVIÑA... QUE É?

OLA PEQUES!

HOXE TOCA SEGUIR RECORDANDO COUSIÑAS QUE FACÍAMOS NA ASEMBLEA COMO É O XOGO "ADIVIÑA, ADIVIÑA... QUE É", VOS ACORDADES? 💡

CONSISTÍA EN QUE O ENCARGADO/A FACÍA UN DEBUXO NA PIZARRA E OS DEMAIS TÍÑADES QUE ADIVIÑAR QUE ERA. DESPOIS O ENCARGADO/A TIÑA QUE ESCRIBIR A PALABRA DO QUE DEBUXOU E POR ÚLTIMO TIÑA QUE CONTAR CANTAS LETRAS TIÑA A PALABRA E SUMARLLE OU RESTARLLE UN NÚMERO PARA QUE DESE 10. PARA ESTO ÚLTIMO, NOS AXUDÁBAMOS DUNHAS PINZAS, VERDADE? NA CASA PODEDES USAR CALQUER OUTRO OBXECTO.

LÓXICAMENTE, NA CASA TEDES QUE XOGAR CA VOSA FAMILIA E TAMÉN PODEN SER ELES OS QUE DEBUXEN DE VEZ EN CANDO PARA QUE SEADES VOS OS QUE TEÑADES QUE ADIVIÑAR 😉


PODEDES USAR ESTA FICHA SE QUEREDES OU SE TEDES UNHA PIZARRA TAMÉN VALE. NO 1º CÍRCULO POÑEDES O NÚMERO DE LETRAS QUE TEN A PALABRA E NO 2º O NÚMERO QUE TEDES QUE DESCUBRIR PARA QUE O RESULTADO DÉ 10. ENTRE OS 2 CÍRCULO TEDES QUE POÑER O SIGNO + OU O SIGNO - DEPENDENDO DE SE O NÚMERO DE LETRAS DA PALABRA TEN MENOS DE 10  (ENTÓN TEMOS QUE SUMAR) OU SE TEN MÁIS DE 10 (ENTÓN TEMOS QUE RESTAR). 

É UNHA ACTIVIDADE QUE PODEDES FACER TODOS OS DÍAS IGUAL QUE O CALENDARIO E AS CANCIÓNS DE BOS DÍAS E A PRIMAVERA.

E PARA REMATAR, DÉIXOVOS UN VIDEO PARA VER QUEN É O PRIMEIRO DA FAMILIA EN ADIVIÑAR QUE É❓



5 comentarios: