OLA PEQUES!
SEGUIDES PRACTICANDO AS SUMAS CO XOGO "ADIVIÑA, ADIVIÑA...QUE É?" POIS HOXE ÍDESME DEMOSTRAR QUE TAL SE VOS DAN AS SUMAS E IMOS RECORDAR COMO SE FAI CON ESTE VÍDEO 👇. CON QUE O VEXADES ATA O MINUTO 2 É SUFICIENTE 😉.
QUEDA CLARO QUE O SIGNO MÁIS ➕, QUE TEN FORMA DE CRUZ, REPRESENTA A SUMA E PARA POÑER O RESULTADO DA SUMA EMPREGAMOS O SIGNO IGUAL ﹦. EXEMPLO: 2 ➕ 3 ﹦ 5.
XA ESTADES LISTOS PARA FACER SUMAS SINXELAS E TOCA SUMAR DADOS 🎲➕🎲﹦ 🎲.
CONTAMOS OS PUNTIÑOS DO 1º DADO E ESCRIBIMOS O NÚMERO DEBAIXO, CONTAMOS OS PUNTIÑOS DO 2º DADO E ESCRIBIMOS TAMÉN O NÚMERO DEBAIXO, E NO 3º DADO TEDES QUE DEBUXAR VÓS O NÚMERO TOTAL DE PUNTIÑOS SUMADOS ENTRE OS 2 DADOS E ESCRIBIR O NÚMERO CORRESPONDENTE.
SE TEDES 2 DADOS NA CASA (CON 1 TAMÉN SE PODE) PODEDES XOGAR CON ELES E EMPREGAR TAMÉN OS NÚMEROS QUE FORON NA BOLSA DE MATERIAL E FACER TANTAS SUMAS COMO QUEIRADES 😁.
DÉIXOVOS ESTE OUTRO VÍDEO PARA QUE VOS DIVIRTADES UN POUCO SUMANDO POLIÑOS 🐤. A VER SE CONSEGUIDES SUMAR E ACERTAR ANTES DE QUE DEN A SOLUCIÓN. ÁNIMO❗ 💪.
No hay comentarios:
Publicar un comentario