ONTE PASÁSTEDES POLO COLE A RECOLLER OS LIBROS E O MATERIAL DO VOSO FILLO OU FILLA, E QUERÍA COMENTARVOS E ACLARARVOS UNHAS CANTAS COUSIÑAS:
- O LIBRO SOBRE O PROXECTO DO MUSEO, COMO NON NOS DEU TEMPO NIN A EMPEZALO, QUEDA NO COLE PARA O SEGUINTE CURSO.
- O LIBRO DE ROBÓTICA, MERCADO XA O ANO PASADO, QUEDA TAMÉN NO COLE PARA O SEGUINTE CURSO.
- O LIBRO DE MATEMÁTICAS MANIPULATIVAS ESTÁ SEN REMATAR, PÓDENO ACABAR NA CASA SEN PROBLEMA.
- O LIBRO DE MIS LETRAS TAMÉN ESTÁ SEN REMATAR, XA QUE SÓ NOS CENTRAMOS NAS MAIÚSCULAS.
- INICIAMOS UN ABECEDARIO E QUEDÁMONOS NA LETRA "H". SE QUEREDES CONTINUAR NA CASA MO COMUNICADES E VOS MANDO POR CORREO ELECTRÓNICO AS LETRAS QUE FALTAN. (OS PERSONAXES DAS LETRAS SON OS DE LETRILANDIA, PODEDES BUSCAR OS CONTOS EN INTERNET E SON LETRAS EN MINÚSCULAS).
- ALGUNHAS FAMILIAS ESQUECÉSTESVOS DE LEVAR O LIBRO DA BIBLIOTECA. NON PASA NADA, XA QUE EN XUÑO TEÑO QUE VOLVER AO COLE E XA VOS AVISO PARA QUE PASEDES A DEVOLVELO.
CALQUERA DÚBIDA PREGUNTÁDEME SEN PROBLEMA, TANTO POR AQUÍ DEIXANDO UN COMENTARIO O BEN POR CORREO ELECTRÓNICO: elenalaprofe@hotmail.com
UN SAÚDO FALIMIAS 🙋
No hay comentarios:
Publicar un comentario