ALBA - ALMA - BRUNO - CARLOTA - DYLAN - ELÍAS - JULIA - LARA - MARCO - MAURO - MIGUEL - NOEL - ÓSCAR

martes, 27 de octubre de 2020

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES E DÍA DAS ESCRITORAS

 


O 24 DE OUTUBRO CELÉBROUSE, COMO CADA ANO, O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES, E ESTE CURSO CELEBRÁMOLO RELACIONÁNDOO CO DÍA DAS ESCRITORAS QUE SE CELEBRA O 19 DE OUTUBRO 📚✍.

PARA ISO, ELEXIMOS DA NOSA BIBLIOTECA ESCOLAR UN CONTO ESCRITO POR UNHA ESCRITORA CHAMADA LUISA AGUILAR 👩.


SEGURO QUE A ALGUÉN LLE SONA, XA QUE O PUXEN NO BLOG PARA LEER DURANTE O CONFINAMENTO. É UN CONTO QUE TRANSMITE UNHA GRAN MENSAXE: CONVERTIR EN POSITIVO AQUELO QUE PARA OUTROS É MOTIVO DE MOFA, E APROVEITAMOS PARA TRABALLAR ESE ASPECTO 📕.

ADEMÁIS, CON DITO CONTO, FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE MOI CHULA PLANTEXADA DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA, NO QUE CADA NENO/A FIXO A SÚA PEQUENA APORTACIÓN. E A NIVEL DE AULA TAMÉN FIXEMOS OUTRA ACTIVIDADE, ONDE OS NENOS/AS LLE PUXERON AUTÉNTICAS ORELLAS DE BOLBORETA A MARA, QUE É A PROTAGONISTA DO CONTO 👂🦋.

NO SEGUINTE VIDEO PODEDES VER O BEN QUE QUEDARON AS ACTIVIDADES 👇.


DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA TAMÉN PROPUXERON FACERNOS UNHA FOTO "LENDO UN LIBRO" E ASÍ QUEDOU A MONTAXE, PUBLICADO TAMÉN NO BLOG DA BIBLIOTECA 📸.


UN SAÚDO FAMILIAS E ESPERO QUE PASÁSEDES UN BO RATO 🙋.










8 comentarios: